Ribadeo súmase ao Día do Orgullo LGTBI con numerosas actividades

Organiza diversas actividades o día 28 para todas as ideas co obxectivo de concienciar aos máis novos sobrea igualdade, o respecto ás diferenzas sexuaiseá identidade sexual.

Banco pintado coa bandeira LGTB nun parque de Viveiro. AXM

O Concello de Ribadeo organiza o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI, diversas actividades que terán lugar no parque de San Francisco destinadas a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos para conciencialos do significado desta data. Haberá unha ximkana, un mural creativo, marionetas diversas, obradoiros de pulseiras creativas e flashmob. Para a xente moza e adulta está programada unha proxección no Teatro ás 20:00 horas. Ademais na Casa do Concello lucirá, desde hoxe, a bandeira LGTBI.

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, destacou que, con estes actos, quérese evidenciar que Ribadeo é unha vila que acolle e que respecta a todas as persoas. “Como ben di o lema que escollemos este ano,Por unRibadeo de cores,no que cada quen será o que queira ser, sempre reivindicamos que o aspecto educativo e lúdico é unha das mellores maneiras de concienciar e de sensibilizar sobre aqueles temas como a igualdade, o respecto ás diferenzas sexuais, á identidade sexual e á diversidade e por iso organizamos unha serie de accións”, indicou.

Se o tempo non o permitise os actos serían trasladados á Escola Municipal de Música e Danza. Todos os eventos serán gratuítos, respectando os aforos e as medidas covid. Entre as actividades, unha ximkana a través do parque, buscando pistas, para facer a palabra LGTBIQ+. Tamén un mural creativo co lemaTodos sumamos, integramos a todos os colectivos visibilizándonos, marionetas e pulseiras creativas coas cores da bandeira LGTBI.

Mariluz Álvarez apuntou que se rematarán as actividades cun flashmob que será gravado en vídeo. Todas estas actividades están deseñadas por unha compañía especializada, por monitores especializados que forman parte da compañía AmorOdio Teatro. Finalmente, ás oito da tarde, con entrada de balde no Teatro, será proxectado o filmLa (des)educación deCameron Post.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here